Desde a dirección da iniciativa estratéxica da Xunta de Galicia outorgan unha importancia destacada a estar en primeira liña destes eventos de cara a esta segunda edición
Despois do seu paso por FITUR (Madrid) e polo salón TurExpo da Semana Verde de Galicia (Silleda), asistiron á reunión da Comisión NAT “Un modelo distinto de turismo en Europa: O Camiño de Santiago – Peregrinación, turismo e paisaxes naturais”
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2022. A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia ten como un dos obxectivos destacados nesta segunda edición intensificar a súa presenza en eventos sectoriais. Gracias a esta folla de ruta, a axenda dos representantes da iniciativa estratéxica do Goberno galego aumenta, e con ela, a súa relevancia dentro do ecosistema.
O ano arrancou cunha destacada presenza en Fitur e a pasada semana os casos de éxito da primeira edición fixeron de embaixadores de marca en TurExpo, dentro da Semana Verde de Galicia, en Silleda. A última delegación da Aceleradora desprazouse ata a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela para asistir á reunión da Comisión NAT “Un modelo distinto de turismo en Europa: O Camiño de Santiago – Peregrinación, turismo e paisaxes naturais”, que contou coa participación do Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen puxo o foco sobre o Camiño de Santiago como exemplo do nuevo modelo de turismo sostible e de calidade demandado despois da pandemia. En representación da Aceleradora estiveron o director, David Villar; o director adxunto, Manuel García; e os mentores Nachy López, Maite Vence e Fran Muíños.
Segundo o propio director, “este tipo de eventos permiten a transmisión de ideas, modelos, estratexias e incluso experiencias que se levan a cabo en diferentes rexións da Unión Europea”. David Villar incide na “importancia da cooperación entre países para importar modelos e estratexias innovadoras, sostibles e de éxito. Unha das grandes claves para o cambio é a capacitación e a concienciación dos profesionais do sector e da cidadanía”.
Los comentarios están cerrados.