Os promotores finalistas de experiencias turísticas asisten ao percorrido do tren turístico promovido por Turismo de Galicia en colaboración con RENFE para vivir en primeira persoa a Ruta dos pazos e xardíns históricos de Galicia
O paso por el Pazo de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa), o Pazo de Quinteiro da Cruz (Ribadumia) e o Castelo de Soutomaior brindou a oportunidade de coñecer, desde a perspectiva do usuario, o potencial dos recursos paisaxísticos, culturais e patrimoniais de 3 enclaves únicos de Pontevedra
Soutomaior, 10 de setembro de 2022. “Unha xornada única, intensa e altamente útil para seguir incorporando experiencia e nocións clave do sector turístico galego á folla de ruta das nosas startups”. Así define David Villar, o director da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia o módulo especial, sobre terreo, que levou aos finalistas a percorrer 3 enclaves patrimoniais únicos da provincia de Pontevedra desde a perspectiva de usuarios finais e non de promotores como ata o de agora.
A oportunidade de poder impartir o módulo de experiencia turística en destino a bordo do Tren Turístico de Galicia na Ruta dos Pazos e Xardíns históricos foi moi ben acollida por todos os participantes, que por un día cambiaron a óptica de formación e mentorización pola comprobación in situ de como presentar un produto/servicio a potenciais clientes baixo a perspectiva experiencial, o trato e acompañamento en destino ou as claves de como ensalzar o valor diferencial do que nos fai únicos para competir nun sector altamente competitivo como o actual.
Así, o percorrido do tren que promove a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia en colaboración con RENFE como atractivo para descubrir lugares emblemáticos da comunidade con alto valor natural e pasaxístico partía de Santiago de Compostela, facía parada no Salnés para visitar Vilagarcía de Arousa e Ribadumia e finalmente se desprazaba á capital do Lérez para acabar a ruta en Arcade.
O primeiro enclave foi o Pazo de Rubiáns e os seus xardíns, con máis de cen especies vexetais diferentes que conta co recoñecemento de Xardín de excelencia internacional de Camelias, mesma condecoración que posúe o xardín do Castelo de Soutomaior, a última das paradas programadas. Entre ambos paraísos naturais, parada obrigada no Pazo de Quinteiro da Cruz, outro dos atractivos destacados da Ruta da Camelia.
A Aceleradora mantén a intensidade do seu programa formativo e de mentorización, combinando os módulos nas instalacións centrais coas saídas e a asistencia a foros, eventos e actividades especiais. En definitiva, unha oferta combinada e diversificada para ofrecer o mellor itinerario posible ás startups que encaran a recta final desta segunda edición.
Los comentarios están cerrados.