A finalidade é seguir aumentando a oferta formativa e incorporando novos contidos para optimizar os resultados nas saídas aos mercados e acadar novos casos de éxito.
Na última edición participaron un total de 117 iniciativas.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023. A Aceleradora de startups turísticas da Xunta celebrará este ano 2023 a súa terceira edición despois do éxito que supuxo este programa de formación autonómico especializado no sector turístico, no que se inscribiron un total de 117 iniciativas e que escolleu o pasado decembro a Boldest, Wonder Experience e Spa Relajarse como os 3 proxectos máis destacados.
O Goberno galego dá así luz verde á continuidade deste programa estratéxico de formación e mentorización de proxectos en fases iniciais co obxectivo de potenciar os produtos e servizos do sector turístico en Galicia. A Aceleradora conta xa cun ecosistema propio consolidado e que segue a medrar, conformado por empresas tractoras de distintos sectores, fondos de investimento e entidades colaboradoras.
A finalidade é seguir aumentando a oferta formativa, incorporando novos contidos para optimizar os resultados nas saídas efectivas aos mercados e continuar colleitando novos casos de éxito que melloren o sector en Galicia.
A Aceleradora de startups turísticas da Xunta de Galicia habilitará un formulario de preinscrición a través da páxina oficial (www.turislab.gal) para que todos aqueles proxectos interesados en participar na terceira edición poidan xa comunicalo e presentar as ideas e modelos do seu proxecto en fase presemente. Como xa ocorrera en 2022, terá presenza na Feira Internacional de Turismo FITUR, que se celebra a partir de mañá no recinto feiral de IFEMA.
Los comentarios están cerrados.