As tres startups máis destacadas da primeira edición da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia, presentes na 44ª feira internacional que se celebra en Silleda
O salón turístico Turexpo Galicia acolle desde hoxe unha destacada cita onde coinciden profesionais do sector e ao que poderá acceder o público xeral durante toda a fin de semana
Silleda, 2 de xuño de 2022. A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia está presente na 44ª edición da Feira Internacional Semana Verde, que se inaugurou hoxe en Silleda. As 3 startups máis destacadas da primeira edición (Suites Nature, Ruta N-VI e LuXperience), acompañadas do director, David Villar, mantiveron distintas reunións de traballo no marco do salón turístico Turexpo Galicia.
A gran cita multisectorial celébrase durante catro intensas xornadas, (hoxe e mañá para os profesionais dos distintos ecosistemas de referencia e durante a fin de semana para o público xeral).
A Aceleradora compaxinará durante esta semana a súa presenza no maior recinto feiral de Galicia a través dos casos de éxito contrastados que supoñen as startups vencedoras da edición 2021 e o programa de formación e mentorización da edición 2022, que mantén o seu ritmo habitual.
Para David Villar, director da iniciativa estratéxica da Xunta de Galicia, “a presenza neste tipo de eventos sectoriais é importante para visibilizar o gran traballo que se está a levar na Aceleradora e tamén para ese talento emprendedor que, unha vez nos mercados, convértense en claros casos de éxito”.
A Aceleradora de startups turísticas do Goberno galego terá presenza continuada na feira de Silleda durante todas as xornadas desta edición número 44.
Los comentarios están cerrados.