Inscríbete Descarga os formularios
e envíanos o teu proxecto a
info@turislab.gal
Formulario ES Formulario PT BASES
Inscríbete Descarga os formularios
e envíanos o teu proxecto a
info@turislab.gal
Formulario ES Formulario PT BASES

A Xunta de Galicia impulsa a primeira Aceleradora Galega de proxectos turísticos co obxectivo de crear un ecosistema aberto e unha rede de recursos para proxectos innovadores e de alto impacto na sociedade especializados no Turismo sostible e de calidade

FORMACIÓN E MENTORING

Un completo programa de capacitación coa nosa rede de expertos multidisciplinares.

ESPAZOS E NETWORKING

Todo o que a túa idea precisa para medrar. ¿Buscas contactos? Aquí atoparalos.

INVESTORS DAY E PREMIOS

Os proxectos necesitan inversión para acelerar. Turislab é a chave ao teu futuro.

FASE 0 CONVOCATORIA

A Aceleradora habilita a súa inscrición para proxectos en fase pre-seed enfocados ao Turismo: Turismo rural, servizos ao turista, axencias de viaxes, hoteis e aloxamentos vacacionais, enoturismo, turismo de aventura, turismo sostible, ofertas de ocio…

FASE 1 PRE-ACADEMIA

O equipo de selección escollerá 15 proxectos para a fase Pre-academia. Durante 5 semanas as startups escollidas recibirán todo o soporte necesario para dar forma a súa idea. Tras ese período de traballo intenso, poderán presentar o seu traballo no gran Demo day.

FASE 2 ACADEMIA

Os 10 mellores proxectos accederán á Academia. Alí, as startups contarán coa formación e mentorización necesaria para dar vida ao seu proxecto e facelo realidade. Novamente os participantes poderán presentar o seu progreso no Demo Day final.

FASE 3 INVESTORS DAY

A gran xornada previa ao colofón final do programa de aceleración será o Investors Day, o momento de amosar ante os investidores interesados o estado acelerado dos proxectos.

O coñecemento

Ao teu alcance

O noso equipo de expertos confórmano destacados profesionais de distintos ámbitos e especializacións. Terás contacto directo con profesores, mentores, empresas, inversores e entidades colaboradoras.

Espazo e recursos para

medrar e acelerar

Un espazo de traballo onde dar vida ao teu proxecto, acceso a instalacións e servizos, Networking e contacto con inversores, Demodays onde facer brillar a túa idea e financiación e premios para lanzala ao mercado.

É a Aceleradora para mín e o meu proxecto?

Se tes unha idea innovadora relacionada co Turismo, estás en fase Pre-seed e levas menos dun ano de actividade, a resposta é SI! Acelera o teu proxecto con nós.
Camiño de Santiago

Camiño de Santiago

¿Como mellorar o incalculable valor diferencial do gran referente de Galicia?

Travel Tech

Travel Tech

Transformación dixital do turismo, as viaxes e as experiencias.

Sostibilidade

Sostibilidade

Proxectos enfocados a asegurar un desenvolvemento sostible no sector turístico.

Turismo de litoral

Turismo de litoral

Proxectos do sector turístico relacionados co Turismo náutico e do mar.

Social Tech

Social Tech

A conexión entre o dixital e a sociedade. Ideas innovadoras para cambiar o Turismo.

Gastro Tech

Gastro Tech

Proxectos 360º do sector gastronómico: produto, restauración, cultura e turismo.

Infrastructure Track

Infrastructure Track

Facer máis accesible o turismo extremo e de ocio, e crear infraestruturas para iso.

Contacto

Centro Superior de Hostelería de Galicia
Carretera Santiago-Noia Km 1
15896 A Barcia, Santiago de Compostela

Mail
info@turislab.gal