A CEO de Grupo Leche Río e o Co-Founder de Conexo Ventures compartiron coas startups finalistas a súa experiencia vital e profesional que os fan referentes do ecosistema empresarial
Os promotores participantes na segunda edición da Aceleradora puideron presentarlle os seus proxectos e consultar dúbidas aos dous expertos
Santiago de compostela, 15 de setembro de 2022. Carmen Lence, a CEO de Grupo Leche Río e unha das 100 mulleres con liderado máis influíntes de España, e Javier Artiach, Co-Founder e partner de Conexo Ventures, xunto a Nachy López, mentora e especialista en internacionalización visitaron a Aceleradora e compartiron testimonios e experiencias coas startups finalistas desta segunda edición.
Lence, un dos grandes nomes propios do tecido empresarial galego falou sobre os cambios de modelo de dirección empresarial, relatando a súa propia experiencia persoal ao poñerse ao frente da empresa máis destacada de Lugo.
Pola súa banda, Artiach, especialista en fondos de investimento e capital risco ofreceu pautas de como afrontar un modelo de negocio e as claves máis destacadas que ten que posuír unha startup para evolucionar con éxito nos mercados.
Esta xornada especial, fóra do itinerario propio da Academia, supón unha aposta firme da Aceleradora de ampliar o elenco de grandes nomes propios que entran en contacto coas startups para axudar a formar e orientar axeitadamente os proxectos que están a ser protagonistas nesta recta final da segunda edición da iniciativa.
A transferencia de coñecemento en ámbitos clave como o liderado, o traballo en equipo, a comunicación e xestión do talento, o medo ao cambio ou a necesidade de adaptarse a novos escenarios cambiantes centraron a xornada, que deu cabida ao relato máis persoal dos protagonistas.
Este tipo de xornadas, de alto valor diferencial, terán continuidade dentro da aposta da Xunta de Galicia de buscar a excelencia no seu programa formativo e de mentorización.
Los comentarios están cerrados.