A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na clausura da segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos posta en marcha pola Xunta de Galicia, da que 8 statups chegaron á final
A segunda edición de Turislab bateu o récord de solicitudes para participar, con 117 aspirantes fronte aos 83 da edición anterior
Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia destacou o talento dos emprendedores que puxeron en marcha iniciativas que axudarán a ofrecer solucións e inicativas personalizadas para demandas dos turistas do futuro.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2022.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na clausura da segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia, Turislab, que rematou con 8 startups seleccionadas entre as 117 presentadas, para optar á liña de apoio de Turismo de Galicia.
Durante a celebración deste encontro destacou a potencialidade deste proxecto levado a cabo polo Goberno galego para consolidar o éxito do sector turístico da Comunidade apoiado polas iniciativas dos participantes que tratan de impulsar un sector turístico innovador e competitivo gracias ás empresas que crearon e que pretenden dar solucións e novas alternativas turísticas personalizadas aos viaxeiros.
As 8 startups finalistas participaron durante oito meses nun programa de formación nas instalacións de Turislab, no complexo do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e contaron tamén co apoio de titores, mentores e expertos colaboradores. Ademais, tiveron a ocasión de darse a coñecer no Investors Day ante investidores privados que poden estar interesados en financialas para potenciar a súa competitividade.
Durante a súa intervención, Nava Castro lembrou que Turislab naceu nun momento de crise para o sector turístico debido ao impacto da pandemia do coronavirus e coincidindo co ecuador do Xacobeo 21-22, evento que foi unha das puntas de lanza da recuperación do turismo e da economía galega.
A directora de Turismo de Galicia incidiu na importancia do turismo para Galicia, xa que ano a ano consolídase como referente para o crecemento económico e a aposta polas novas tecnoloxías. Así, salientou iniciativas como Turislab, que naceu coa pretensión de fortalecer a innovación o sector turístico galego para ser unha rede de recursos innovadores e de alto impacto especializada no turismo sostible e de calidade.
Das 8 propostas que participaron no proxecto da Aceleradora en 2022, foron distinguidas por este orden Boldest, Wonder Experience e Spa Relajarse, ademais de Tric Track Circuítos Permanentes, recoñecida coa distinción Talento emprendedor.
Los comentarios están cerrados.