Categorías

As categorías onde encaixar o teu proxecto

O motor de Turislab é o Turismo e o amplo abano de solucións tecnolóxicas innovadoras de aplicación no sector. Se a túa idea naceu para modernizalo e acadar unha experiencia máis atractiva ao usuario, este é o lugar onde facela medrar. Só tes que buscar a especialización máis adaptada ao teu proxecto entre as nosas seis categorías.
Gastro Tech

Gastro Tech

Proxectos 360º do sector gastronómico: produto, restauración, cultura e turismo.

Travel Tech

Travel Tech

Transformación dixital do turismo, as viaxes e as experiencias.

Social Tech

Social Tech

A conexión entre o dixital e a sociedade. Ideas innovadoras para cambiar o Turismo.

Infrastructure Track

Infrastructure Track

Facer máis accesible o turismo extremo e de ocio, e crear infraestruturas para iso.

Camiño de Santiago

Camiño de Santiago

¿Como mellorar o incalculable valor diferencial do gran referente de Galicia?

Sostibilidade

Sostibilidade

Proxectos enfocados a asegurar un desenvolvemento sostible no sector turístico.

Se aínda tes algunha dúbida, ponte en contacto con nós.

A orixe do proxecto

Toda gran empresa nace dunha boa idea. Xa tes unha das partes fundamentais do teu proxecto. Pensa onde encaixa mellor, soña con facelo realidade e déixate asesorar.

O desenvolvemento da túa startup

Turislab darache o soporte necesario para o teu proxecto. Seremos o teu mellor aliado, o teu instrutor e o teu primeiro público obxectivo. Aquí terás todas as ferramentas necesarias.

O futuro no mercado

Chega o teu momento. A túa idea orixinal evolucionou, medrou, redimensionouse e está lista para saír a competir no mercado. ¿Comezamos?