Seleccionar página

As 10 solucións inmersas no programa de formación e mentoring autonómico xa dispoñen dun espazo propio coa descrición da idea, a súa imaxe corporativa e a ligazón á súa web

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022. Desde hoxe este espazo web conta cunha nova sección, adicada en exclusiva á edición 2022 da iniciativa estratéxica autonómica para a aceleración de proxectos turísticos. Emulando ao acontecido na edición inaugural, a Aceleradora da Xunta de Galicia presenta polo miúdo as dez startups do actual programa.

O contido ofrecido irá aumentando a medida que se desenvolva o itinerario académico da Academia. Como punto de partida están xa dispoñibles as descricións dos proxectos, as imaxes corporativas e as ligazóns aos diferentes espazos webs propios das startups.

Isto supón un dos primeiros pasos na aceleración dos proxectos que ata finais de ano continuarán coa súa formación e mentorización, así como a asistencia a diversos foros e citas empresariais, ata o Investors Day e finalmente a elección dos proxectos máis destacadosdesta edición.

Aquí podes acceder á nova sección 2022: https://turislab.gal/edicion-22-gl/