Entrevista á CEO de Grupo Leche Río, na que pon o foco no contexto empresarial actual e na xestión do talento como clave de éxito
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2022. A CEO de Grupo Leche Río, Carmen Lence, foi unha das relatoras máis destacadas da segunda edición do programa da Aceleradora. Durante a súa intervención, explicou ás startups finalistas cales son os cambios de modelo de dirección empresarial máis en auxe. A empresaria lucense tamén relatou a súa experiencia persoal ao frente de Grupo Leche Río.
Nesta entrevista afonda no contexto empresarial actual, no papel dun bo líder e na xestión do talento.
Los comentarios están cerrados.