David Villar explicou durante a súa intervención como desde esta iniciativa traballan para xerar un ecosistema de lanzamento para as startups
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2022. O director da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia, David Villar, participou na Xornada de presentación do Informe Executivo 2021-2022 da Confederación de Empresarios de Galicia celebrada no Centro Obra Social Abanca en Santiago.
Na mesa redonda sobre ‘Experiencias e situación da iniciativa emprendedora en Galicia’, o director deste programa estratéxico da Xunta destacou que desde a Aceleradora buscan inspirar a futuras remesas de emprendedores e emprendedoras e xerar un ecosistema de lanzamento. “Reter talento e acompañar aos líderes das startups a través da preparación e a formación son dous dos obxectivos principais desta iniciativa”, engadiu.
A directora Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao Rodríguez, moderaba este espazo e fixo especial fincapé en que “para emprender hai que aprender”. Nesta sesión tamén aportaron a súa experiencia a xerente da Fundación CEL, Marian Tallón Veiga; a directora xeral de Grupo Atlante. Lareira Inversiones, Maite Valiño Borrego; a socia fundadora de Real Impact Professor visitante LACC London School of Economics; o xerente de Trameve, Luis Penido López, e a membro da Xunta directiva de AJE Galicia, Beatriz García Cibreiro.
Los comentarios están cerrados.