O director adxunto do programa autonómico de aceleración turística, Manuel García, foi poñente no evento emprendedor organizado polo coworking Aticco
Ruta N-VI (2º clasificado da primeira edición da Acelerador) e Boldest (actual finalista) foron invitados como casos de éxito nun marco de emprendemento innovador que tivo unha importante compoñente de networking profesional e investimento
Madrid, 22 de setembro de 2022. A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia vén de participar activamente nunha xornada de emprendemento innovador de alumnos do grado LEINN da Universidade de Mondragón, celebrado nas instalacións de Aticco Workspaces en Madrid. O director adxunto do programa galego de aceleración de startups, Manuel García, foi un dos poñentes destacados na xornada, onde afondou sobre a súa traxectoria profesional ligada sempre ao emprendemento empresarial e sobre o propia aposta do Goberno galego por implementar un potente programa de formación e mentoring para o talento innovador.
Ademais da súa participación, a Aceleradora contou con 2 intervencións máis a cargo de dúas startups que representaron a todas as que desde a inauguración do programa se teñen formado na estratexia formativa galega. Como representantes da Edición 2021 acudiron Xosé Ramón Nóvoa e Silvia Lorenzo, promotores do proxecto Ruta de la N-VI, unha aposta polo slow travel deseñada para recuperar a Nacional VI entre Madrid e A Coruña atravesando 3 comunidades, 8 provincias e 70 vilas ao longo de 600 quilómetros de experiencias.
Como representante da actual segunda edición da Aceleradora, acudiron Xosé Manuel Feijóo e Simón Neira para presentar a súa plataforma de mapas interactivos que mellora a promoción dos produtos turísticos.
A xornada tivo tamén espazo para o networking empresarial e para presentar en Madrid os detalles, contidos, equipo e ecosistema da Aceleradora da Xunta Ademais foi unha nova oportunidade de amosar ante investidores o potencial dos proxectos e startups do programa galego. Segundo Manuel García, “os promotores desta xornada están intentando facer medrar un ecosistema de emprendedores e investidores e desde a nosa Aceleradora sempre apoiamos este tipo de iniciativas emprendedoras.”
Los comentarios están cerrados.