A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou a xornada nunha conferencia na que puxo o foco sobre a aposta do Goberno galego pola sustentabilidade como eixo transversal do modelo turístico de Galicia
O foro supuxo una gran oportunidade para que os emprendedores e emprendoras da Aceleradora afondasen en cuestións clave, establecesen conexións e coñecesen a experiencia de diferentes axentes do sector
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2021. Asociacións, organizacións e empresas de turismo relacionadas co Camiño de Santiago participan estes días no Fairway no Palacio de Congresos e Exposicións da cidade compostelá. Entre os profesionais que hoxe asistiron ao foro internacional sobre o Xacobeo destaca a presenza de varios emprendedores e emprendedoras da Aceleradora de proxectos turísticos de Galicia, o seu director, David Villar, e o seu director técnico, Manuel García. Na cuarta edición deste foro híbrido sobre o Camiño de Santiago, os impulsores das startups do programa pioneiro da Xunta tiveron a oportunidade de pulsar as novidades e solucións máis innovadoras do sector turístico.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de inaugurar a segunda xornada do foro, nunha sesión na que se analizou o presente e o futuro do turismo desde unha perspectiva sostible. Durante a súa intervención, a responsable desta área do Goberno galego destacou a aposta da Xunta pola sustentabilidade como eixo transversal do modelo turístico de Galicia.
Pola súa banda, David Villar subliñou durante a súa visita “a importancia deste tipo de eventos para avanzar e profesionalizarse nun momento chave para o sector turístico galego, co período extraordinario do Xacobeo 2021-2022”. “Estas xornadas son unha mostra do esforzo que realiza o Goberno galego para fomentar a colaboración, a innovación e o emprendemento na área de turismo”, engadiu.
O Camiño de Santiago é unha das seis categorías que a Aceleradora de Proxectos Turísticos expuxo para que os emprendedores e emprendedoras enmarcasen a súa iniciativa. Dado o atractivo e o potencial de desenvolvemento turístico que supón para Galicia este Xacobeo extraordinario, o Fairway representa unha oportunidade única para as startups da Aceleradora. Así, hoxe a través das conferencias, workshops e sesións formativas, os responsables dos proxectos da Aceleradora afondaron en cuestiones fundamentais, estableceron conexións con outros empresarios e coñeceron de primeira man a experiencia de diferentes axentes turísticos.
Los comentarios están cerrados.