O especialista David Veloso imparte unha dobre xornada formativa na recta final da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2021.- A estratexia dos océanos azuis e o prototipado como claves esenciais dun plan de marketing actual protagonizaron as xornadas formativas da Academia da primeira Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia deste fin de semana. O especialista en desenvolvemento de negocio e marketing, David Veloso, é o encargado de dirixir dúas intensas xornadas monográficas dirixidas a mellorar as iniciativas emprendedoras das dez startups do programa de Turismo de Galicia, partindo do análise dunha boa definición do Produto Mínimo Viable e do marketing lateral.
O fío conductor desta formación basease en identificar cales son as técnicas que poden axudar a reforzar a estratexia de marketing dunha empresa ou dunha iniciativa emprendedora. O foco, segundo explicou, reside en tres eixos: a relación cos clientes, a proposta de valor e a comunicación.
“O obxectivo destas xornadas con especialistas invitados é afondar nas innovacións que poden contribuír a impulsar os nosos negocios e que axudarán aos nosos emprendedores a despegar no seu camiño ao éxito”, explicou David Villar, director da Aceleradora.
Os módulos formativos de profesores e mentores da Aceleradora combínanse con xornadas monográficas nas que se invita a especialistas de distintas especialidades, como David Veloso, para que traballen cos promotores e promotoras dos distintos proxectos innovadores en aceleración.
Los comentarios están cerrados.