Representantes de Paradores, Caldaria, Agalber e expertos no sector turístico conforman a selección dunha nova xeira de ponencias para as startups en aceleración.
Villar: “Este tipo de encontros viñeron para quedar no programa de formación e mentoring que ofrecemos. Estes casos de éxito supoñen un aliciente enorme para aqueles proxectos innovadores que están encarando a recta final da súa preparación”
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2021. A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia celebra unha nova xornada con invitados estrela, que sen formar parte do equipo de mentores e profesores, amplían e profundan os coñecementos dos participantes en materias destacadas aportando contidos clave para a formaci´on global dos seus proxectos.
O gran resultado colleitado en entregas anteriores fixo que desde a dirección se aposte por máis encontros deste tipo. Desta volta, os protagonistas foron representantes de Paradores, Caldaria, Agalber (Asociación Galega de Albergues Privados) e expertos en Marketing turístico como Patricia Martínez Fernández.
As materias abordadas foron o posicionamento da marca e a segmentación dos mercados, a Saúde, o Deporte e a Natureza ou o Turismo de peregrinaxe, o Xacobeo e o Turismo rural.
David Villar, o director da Aceleradora da Xunta de Galicia explica que “este tipo de encontros viñeron para quedar no programa de formación e mentoring que ofrecemos. Estes casos de éxito supoñen un aliciente enorme para aqueles proxectos innovadores que están encarando a recta final da súa preparación”.
Los comentarios están cerrados.