As startups finalistas protagonizan unha intensa doble sesión para poñer punto e final á primeira parte da Academia 2022. Tras o parón de agosto, arrancará a parte definitiva do itinerario lectivo previsto, coa mirada posta no Demoday e no Investor´s Day
Os mentores analizan a progresión dos proxectos titorizados e do resto de propostas desta edición mentres que os representantes do tecido investidor da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia lideran unha rolda de presentacións ante xurado real
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2022.
A iniciativa estratéxica da Xunta de Galicia para o emprendemento innovador no sector turístico pisa o acelerador na última dobre sesión antes do respiro lectivo do mes de agosto. As startups finalistas protagonizaron unha actualización da súa evolución ante o equipo de mentores do programa e posteriormente sometéronse a unha práctica real, con investidores, para preparar o que será o desenlace do programa formativo 2022.
Agosto é o único mes no que non haberá clases presenciais na Academia, o que non significa que non haberá traballo por parte dos emprendedores e emprendedoras. As últimas sesións de traballo serven para marcar obxectivos, identificar puntos de mellora e facer avanzar aos proxectos en diferentes campos.
Á volta, en setembro, arrancará a recta final da Aceleradora, que se resolverá coa celebración dun Demoday e do esperado Investor´s Day 22, o paso previo á saída aos mercados.
A dirección da iniciativa proxectou este dobre contido como un sprint na formación, xa que este tipo de actos serán os que marquen o futuro das startups, dentro e fóra da Academia. Jesús Gestido, de Netaccede, Patrick Berry, de Crowds in the Cloud e César Escudero, de Noso Capital foron os 3 investidores invitados a esta xornada especial de training empresarial. Foron eles os que analizaron as exposicións, as cifras e previsións que manexan as distintas propostas e os que interpelaron aos equipos sobre escenarios reais e previstos nun mercado globalizado.
A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia valora como “altamente positivo” a posibilidade de contar con expertos multidisciplinares, tanto na parte de mentoring como na de asesoramento e financiamento, algo que se considera “clave” de cara á saída aos mercados das solucións aceleradas. Desde a dirección do programa anúncianse “importantes novidades” na recta final desta segunda edición.
Los comentarios están cerrados.