– A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia reedita a súa presenza no foro grovense organizado polo Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA)
– O programa formativo da Academia sae da súa sede habitual para protagonizar encontros de networking nun marco sectorial único
– David Villar: “Sempre é positivo e enriquecedor pisar o terreo do ecosistema. O Encontro é un evento clave en Galicia e estamos encantados de incluílo de novo na nosa folla de ruta”.
A Toxa, 15 de xullo de 2022. A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia segue a apostar por unha formación multidisciplinar para os seus finalistas e por deslocalizar a súa Academia para aproveitar sinerxias e fitos que aporten valor diferencial no itinerario de mentorización que ofrece esta iniciativa estratéxica autonómica de emprendemento innovador.
A illa da Toxa (O Grove), acolle durante dúas intensas xornadas a edición 2022 do foro organizado polo Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA). Ao igual que no pasado ano, a aceleradora quixo estar presente no desenvolvemento dos contidos teóricos e prácticos, a fin de aproveitar a presenza de destacados axentes do ecosistema e poder entablar contacto directo cos asistentes.
O programa formativo da Academia 2022 volver así da súa sede habitual en Santiago de Compostela para protagonizar encontros de networking nun marco sectorial único, dando continuidade á presencia da anterior edición e ao monográfico no Hostal dos Reis Católicos da pasada semana.
As startups puideron aproveitar para participar activamente en distintos demodays do programa, que encaixan coa temática formativa prevista para esta fase da Academia.
O director da Aceleradora, David Villar, confirma que “sempre é positivo e enriquecedor pisar o terreo do ecosistema coas startups. O Encontro é un evento clave en Galicia e estamos encantados de incluílo de novo na nosa folla de ruta. Desde aquí queremos agradecer que unha vez máis conten con nós á hora de levar a cabo un evento desta categoría”.
Ao Encontro 2022 asistiron destacados poñentes, expertos en distintas materias e o Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
Los comentarios están cerrados.