A startup, actual finalista da 2º edición da Aceleradora Galega de proxectos turísticos da Xunta de Galicia, experimenta cos asistentes á cita lucense a primeira versión do seu procecto innovador
A través da xeolocalización e o xeomarketing os participantes accederán a rutas personalizadas baseadas nos seus intereses e poderán recibir premios pola utilización da plataforma gamificada
Lugo, 4 de outubro de 2022. A startup Wonder Experience, a plataforma de experiencias turísticas gamificadas, personalizadas e sobre tecnoloxía blockchain finalista da segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia prepara a súa gran posta de longo durante as festas de San Froilán 2022. Os promotores da iniciativa probarán nunha contorna real a primeira versión da súa experiencia “Xiana Mei”, unha experiencia personalizada que ofrecerá aos voluntarios que o desexen contidos únicos baseados nos seus intereses e preferencias.
As probas do equipo de Wonder Experience desenvolveranse durante o programa íntegro das festas centrais de Lugo, o que facilitará a participación cidadá e a obtención de resultados dun público obxectivo máis amplo e diversificado, xa que está orientado aos veciños e residentes da capital luguesa, pero tamén a todos aqueles visitantes procedentes doutros lugares.
Todos os participantes poderán experimentar roteiros personalizados, nos que se inclúen lugares de interese turístico destacado e empresas locais, que responderán aos seus intereses e preferencias como consumidores nun escenario como é Lugo e nun tempo determinado como é o período de San Froilán. A tecnoloxía aplicada para lograr esta experiencia baséase na xeolocalización do usuario e o xeomárketing segmentado.
Aqueles que desexen tomar parte desta iniciativa piloto para gozar da cita dunha forma diferente e innovadora, e unha vez completado o roteiro, acadarán puntos para poder obter diversos premios unha vez finalizado o evento grazas á plataforma gamificada de Wonder Experience. Este proxecto, que se atopa na súa recta final de aceleración innovadora, está deseñado para impactar no usuario final e paralelamente dinamizar o comercio local e proporcionar medidas fiables de consumo e gustos do turismo en tempo real.
Alejandro Liz, CTO de Wonder Experience, apunta que “estamos moi ilusionados con este lanzamento. Estamos convencidos de que a xente que a use se vai divertir consumindo en establecementos locais conseguindo puntos, á vez que goza de Lugo e San Froilán dunha forma diferente”. Pola súa banda, Aránzazu Pérez, CEO da startup, asegura que, “con Xiana Mei imos conseguir validar funcionalidades que nos van a permitir seguir traballando na versión inicial da plataforma que estimamos lanzar durante o segundo trimestre do 2023”.
COMO PARTICIPAR?
Todas aquelas persoas interesadas en participar neste programa piloto poden accederse a versión “Xiana Mei” de Wonder Experience, a través da seguinte LIGAZÓN.
Do mesmo xeito, os establecementos de Lugo (restaurantes, tendas, artesanía, etc.), que queiran participar como locais adheridos á iniciativa, poden contactar con Wonder Experience mediante o correo info@wonderexperience.io.
Los comentarios están cerrados.