A startup da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia conta con stand propio na cita ourensá, onde ten unha axenda cargada de reunións con potenciais clientes
David Villar, director do programa autonómico de aceleración, visitou a Sandra Candal (CEO) do proxecto, onde puxo en valor a “aposta da Xunta polo turismo termal” e “na importancia de que as startups teñan actividade destacada en foros sectoriais coma este”
TricTrack, outra das startups finalistas tamén estivo presente no evento de referencia do termalismo facendo networking
Ourense, 30 de setembro de 2022. A vixésima edición da Feira Internacional de Turismo termal, saúde e benestar que se está a celebrar en Ourense, reúne aos axentes máis destacados do sector nunha cita que xa é ineludible para os profesionais e tamén para os usuarios.
Nese contexto de presentación das últimas novidades do sector destaca a presenza, con stand propio, da startup da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia, Spa’ Relajarse, unha das finalistas do programa de formación e mentoring da presente edición.
Sandra Candal, a CEO responsable do proxecto, que vén de asinar unha alianza estratéxica con Spalopia Business, presente a súa plataforma ante os potenciais clientes da súa aposta de buscador e venda de servizos wellness.
Ata o recinto feiral de Expourense se achegou tamén o director da Aceleradora, David Villar, quen quixo acompañar a Spa’ Relajarse nun evento de esta relevancia. O máximo responsable da Academia de startups turísticas puxo en valor “a aposta decidida da Xunta de Galicia polo turismo e en especial, como se pode comprobar aquí na capital das Burgas, do turismo termal”.
Villar amosou a súa satisfacción pola evolución da startup máis representativa do sector termal que permanece na recta final da Aceleradora. “É realmente importante que os proxectos teñan actividade destacad en foros sectoriais coma este. Sen dúbida este é o camiño para saír aos mercados con avances realizados. Estamos moi satisfeitos por todo o traballo que hai detrás dos proxectos”.

Spa’ Relajarse non é a única startup da Aceleradora con presenza en Ourense estes días. A representante da categoría de Infrastructure Track, TricTrack Circuítos Permanentes tamén fixo acto de presenza no recinto feiral, onde tivo tempo para facer labores de networking. Sen dúbida, unha gran oportunidade para amosar os avances dos proxectos que están a encarar a recta final da súa aceleración.
Los comentarios están cerrados.