A dirección do programa autonómico de aceleración de startups invitou aos promotores de dous casos de éxito da primeira edición, que coñeceron ás iniciativas da edición 2022
Esta xeira de visitas de casos de éxito dá continuidade ás xa realizadas por Capptus, Suites Nature e Ruteart neste mesmo curso
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2022. A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia mantén un estreito contacto coas startups que completaron o ano pasado o programa de formación e mentorización. Agora, que os proxectos de 2021 están xa nunha fase posterior de maduración e que moitos deles están a traballar arreo no sector galego, nacional e internacional, desde a dirección bótase man dos seus promotores para que a nova fornada de talento turístico innovador teña un espello no que se poder mirar.
A xeira de voltas á Academia vive hoxe un novo capítulo coa presenza de de Xosé Ramón Nóvoa e Silvia Vázquez Lorenzo, os promostores do proxecto Ruta da N-VI (2º clasificado da edición inaugural) e de José Manuel Troitiño en reprsentación da startup SH360º Servicios Hoteleros.
A súa presenza na Aceleradora foi moi ben acollida por todos os participantes, que valoran positivamente poder preguntar directamente aos hai menos dun ano estaban na súa mesma situación. A xeira de visitas xa conta coa metade das startups aceleradas na anterior anualidade, xa que deron comezo Capptus Aplicacións Turísticas, Suites Nature e Ruteart.
Desde a dirección quérese agradecer publicamente o compromiso de todos os promotores e promotoras para poder levar a cabo este networking cos que están chamados a herdar o seu testemuño como embaixadores da Aceleradora.
Los comentarios están cerrados.