A iniciativa ten por obxectivo dar a coñecer os detalles dos distintos proxectos finalistas da fase de Academia da man dos seus propios promotores
#DespegandoDesdeTurislab publicarase na web e nas redes sociais da Aceleradora cunha periodicidade semanal, de agosto a outubro
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2021. Turislab anuncia a creación dunha nova sección de contidos audiovisuais nas súas canles oficiais que leva por título #DespegandoDesdeTurislab, na que o obxectivo é presentar ás dez startups finalistas da fase de Academia e aos seus promotores ante o gran público.
Esta nova sección periódica arranca neste mes de agosto e ten prevista a súa finalización no mes de outubro, cunha periodicidade semanal. Esta rolda de vídeos servirá para presentar os detalles dos proxectos en aceleración da man dos seus promotores, que abordarán cuestións clave como cales son súas perspectivas de futuro ou como está a ser a experiencia de participar na primeira Aceleradora de Turismo de Galicia.
O primeiro emprendedor en protagonizar a sección #DespegandoDesdeTurislab será o arquitecto Jorge Martínez, responsable do proxecto Bed and Go, centrada en impulsar cabanas sostibles en entornos naturais.
Los comentarios están cerrados.