Dentro das actividades previstas na Academia destaca a xornada do Camiño de Santiago, seguindo a variante portuguesa desde Caldas de Reis
O Camiño era unha das seis categorías do programa de aceleración e o eixo vertebral dalgún dos proxectos que están a ser desenvolvidos na actualidade
Caldas de Reis, 9 de outubro de 2021. Os integrantes da Academia da primeira Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia cambiaron por un día o escenario habitual da súa formación, na sede da Barcia (Santiago de Compostela) polo Camiño de Santiago. Os emprendedores e emprendedoras afrontaron un tramo da variante portuguesa partindo desde Caldas de Reis nunha xornada “altamente positiva” como foi calificada por todos os participantes.
A Aceleradora autonómica aposta así por levar á práctica un dos argumentos destacados nas sesións teóricas: A importancia do Camiño no turismo galego. Para poder comprobalo en primeira persoa, plantexóuselle aos participantes completar un tramo, en pleno período extraordinario do Xacobeo 2021-2022 e todos deron un paso ao frente.
De feito, o Camiño de Santiago era unha das seis categorías iniciais que ofertaba a Aceleradora para poder encadrar as propostas dos aspirantes a formar parte deste proxecto. Precisamente algún deses proxectos está inspirado no potencial que ten a peregrinaxe a Compostela e todo que elo conleva.
Para David Villar, o director da Aceleradora, “este tipo de experiencias colaborativas e de convivencia sobre terreo son necesarias. Levamos moitos meses outorgándolle o peso específico e a importancia que ten, e agora podemos comprobalo a pé de camiño. Galicia ten un valor diferencial que a fai única no mundo e temos que ser conscientes delo. É unha honra poder desenvolver proxectos turísticos para mellorar a experiencia do viaxeiro e reforzar o sector para facelo más potente, máis atractivo e máis competitivo. Esa é a meta da nosa Aceleradora”.
Los comentarios están cerrados.