O vicerreitor de Relacións Internacionais e Transformación Dixital da Universidade de Deusto impartiu unha masterclass sobre o uso do Big Data no marketing
Santiago de Compostela, 03 de setembro de 2021. Álex Rayón Jeréz, vicerreitor de Relacións Internacionais e Transformación Dixital na Universidade de Deusto, foi o encargado da reestrea da formación de Turislab cunha masterclass sobre o uso do Big Data no marketing.
A primeira Aceleradora de Turismo de Galicia segue apostando pola innovación dentro do seu programa de formación para as dez startups da fase Academia, desta volta, cun dos maiores expertos a nivel nacional e internacional.
A área de interese e especialización de Álex Rayón é a economía dixital e o Big Data, Industria 4.0, Internet of Things, Smart Cities, Gamification, Mobile Apps, Semantic web, Linked Open Data, etc.
Segundo David Villar, director da primeira Aceleradora de Turismo de Galicia, a formación impartida por Álex Rayón foi “unha gran oportunidade para os emprendedores e os proxectos innovadores que están a ser acelerados e que afrontan a recta final desta primeira edición de Turislab. Poder contar con expertos da categoría de Rayón nunha área estratéxica como o Big Data é unha vantaxe diferencial para o seu futuro a curto, medio e longo prazo”.
Los comentarios están cerrados.