A startup máis destacada da primera edición da Aceleradora acada unha importante inxección económica para a posta en marcha do seu proxecto de crear un resort de cabanas sostibles en pleno Camiño de Santiago ao seu paso por Pontevedra
Jorge Martínez desvela que a operación está encabezada por Meifus Inbest, e que permitirá, ademais consolidar o desenvolvemento da empresa e afrontar novos retos e proxectos
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022. Suites Nature, a startup que se alzaba co primeiro posto na clasificación final da Edición 2021 da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia, vén de pechar a súa primeira rolda de financiamento nos mercados cunha cifra total de 1,8 millóns de euros, o que supón todo un caso de éxito para a iniciativa estratéxica de Xunta de Galicia e por suposto para o proxecto encabezado por Jorge Martínez Sabio.
O propio promotor foi o encargado de anunciar o peche do acordo financieiro que encabeza o grupo Meifus Inbest e que permite á startup entrar nun novo escenario, presente e futuro, no que dar un paso de xigante no avance do proxecto.
Martínez confirma que este importante impulso económico irá destinado principalmente á posta en marcha da creación dun resort de cabanas sostibles en Pontevedra, enmarcado nun lugar estratéxico do Camiño de Santiago. Ademais do proxecto de aloxamento turístico na natureza, con solucións sostibles e de alta calidade en si mesmo, esta vía de financiamento permitirá consolidar o desenvolvemento interno da empresa e abrirse a novos proxectos.
A Aceleradora móstrase “profundamente satisfeita” do éxito de Suites Nature, a merecedora da primeira posición na edición inaugural do programa de aceleración especializada en turismo e felicita publicamente a Jorge Martínez e ao seu equipo pola súa capacidade de adaptación a un modelo de negocio de éxito.
Los comentarios están cerrados.