Dentro de intenso programa de formación e mentoring da primeira Aceleradora de Turismo de Galicia hai oco para experiencias como as que protagonizan Alberto Rodríguez Boo (creador de Alda Hotels), Luis Taboada (CEO en Qbitia) ou Jaime Casals (CEO en Filkers)
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2021. A fase de Academia de Turislab combina os módulos de formación e mentoring con xornadas prácticas e de contacto con formadores ou con emprendedores que no pasado estiveron na mesma situación de pre-semente na que actualmente se atopan as startups en aceleración.
Os tres convidados para a xornada foron Alberto Rodríguez Boo, o creador de Alda Hotels, que comezou en 2009 cun pequeno hotel de baixo custo e actualmente opera con 50 establecementos hoteleiros espallados por España; Luis Taboada, CEO en Qbitia, artífice de que en menos de dez anos a súa marca sexa pioneira e líder no ámbito #FinTech en España, e por último Jaime Casals, CEO en Filkers, empresa especialista en videomarketing.
David Villar, o director da primeira Aceleradora de Turismo de Galicia, quixo agradecer aos tres a súa colaboración coas startups integrantes do programa galego. “Poder amosar casos de éxito a aqueles proxectos que están chamados a selo non próximos anos sempre é interesante e aporta un alto valor. Este tipo de xornadas son realmente importantes e encaixan perfectamente co modelo que temos implantado en Turislab”.
Los comentarios están cerrados.