- David Villar, o director da Aceleradora, foi un dos oradores invitados á Xornada “Virtual & Smart Cultural Tourism” que organiza a Conferencia de Rectores das Universidades e Institutos Politécnicos do Suroeste Europeo
- “Turislab é unha aposta polo futuro onde o Sector turístico debe adaptarse ás novas tendencias, ás novas tecnoloxías e aos novos modelos de seguridade, sostibilidade e eficiencia”
Santiago De Compostela – 28 de xuño de 2021. Turislab, a primeira Aceleradora de Turismo de Galicia vén de ser escollida como proxecto de referencia para participar no Workshop internacional “Virtual & Smart Cultural Tourism” que organiza a Conferencia de Reitores das Universidades e Institutos Politécnicos do Suroeste Europeo (CRUSOE).
O director de Turislab, David Villar, foi o encargado de presentar o proxecto impulsado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia neste foro no que participan as Universidades de Galicia, Castela León, Asturias, Cantabria, Rexión Norte e Rexión Centro de Portugal, e que ten como obxectivo redefinir un espazo multidisciplinar de colaboración académica e en materia de investigación e innovación para contribuír ao desenvolvemento territorial e á especialización intelixente do Suroeste de Europa.
Turislab presentouse como “unha aposta pioneira e única, centrada nun futuro onde o sector turístico debe adaptarse ás novas tendencias, ás novas tecnoloxías e aos novos modelos de seguridade, sostibilidade e eficiencia”, segundo manifestou o propio David Villar na súa ponencia. O director da Aceleradora fixo especial fincapé na importancia de “reter o talento galego e en atraer o que aínda non está en Galicia” e subiñou que “non hai ninguén mellor para levar a cabo esta transformación que os xoves emprendedores a quen Turislab, e polo tanto a Xunta de Galicia, lles facilita as ferramentas precisas para ser o motor dese cambio”.
Los comentarios están cerrados.