A Consellería de Turismo, por medio da Axencia Galega de Turismo, lanza a primeira experiencia de aceleración de empresas en fase Pre-seed (pre-semente). Aqueles profesionais ou startups que teñan un proxecto relacionado con aplicacións innovadoras no sector turístico poderán formar parte da primeira edición de Turislab.
O goberno autonómico impulsa en Galicia un novo servizo para emprendedores no que se ofrecen espazos onde desenrolar os proxectos presentados, un completo programa de formación e mentoring, e un contacto con inversores como paso previo ao lanzamento ao mercado.
A sede do Centro Superior de Hostalería de Galicia será o lugar que acolla a nova aceleradora galega. De entre todas as iniciativas que oficialicen a súa inscrición, o equipo de selección escollerá as 15 máis prometedoras.
Durante un mes recibirán o apoio e a dirección para que poidan presentar o seu proxecto no Demo Day desta fase 1. Desa posta de longo sairán os 10 proxectos finalistas, que durante 7 meses accederán á Academia Turislab, onde poderán acelerar a súa idea ata convertela nun proxecto listo para saír ao mercado.
O colofón final será o Investors Day, unha xornada onde as startups terán contacto directo con inversores interesados nos seus proxectos. Nese mesmo acto levarase a cabo a gala de entrega de premios e galardóns ás iniciativas máis destacadas.
A Xunta de Galicia confirma co lanzamento da súa nova aceleradora de empresas a firme aposta polo sector turístico que está levando a cabo, de cara a este ano 2021, clave nesta área.
Los comentarios están cerrados.