Turislab abre hoxe, 30 de marzo, a fase de inscrición de ideas innovadoras con aplicación ao sector do Turismo en Galicia. Durante 30 días (ata o mércores 28 de abril) todos aquelos emprendedores e emprendedoras, ou startups con menos dun ano de actividade, poderán presentar a súa proposta para ser avaliada polo Comité de selección da primeira aceleradora galega de Turismo.
Para participar nesta primeira edición de Turislab, só fai falta presentar o resumo executivo coa proposta ou empregar o modelo que se facilita na web oficial (www.turislab.gal), encher o formulario e darlle a enviar.
Por diante, 30 días naturais nos que aqueles proxectos de Galicia ou doutras comunidades e países, poden optar a formar parte do programa de formación e mentoring da aceleradora. Esta iniciativa pioneira e estratéxica da Xunta de Galicia sitúa a esta comunidade á vangarda das aceleradoras. Cun equipo de destacados profesionais nas funcións de profesores e mentores e cunha rede de organismos e empresas colaboradoras, Turislab marca un fito destacado no Turismo galego.
Os interesados en participar nesta primeira edición só teñen que acceder por medio da seguinte ligazón: https://turislab.gal/#suscripcion
Los comentarios están cerrados.