A Xunta de Galicia presentará oficialmente a súa primeira Aceleradora de Turismo o vindeiro martes 16 de marzo
A iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, de crear a primeira Aceleradora de empresas especializada no sector turístico xa ten data para a súa presentación oficial. Será o vindeiro martes 16 de marzo, no marco dun acto aberto aos medios de comunicación que se celebrará nas instalacións do edificio da Escola Superior de Hostalería de Galicia (A Barcia – Santiago).
Estas instalacións serán a sede principal da propia aceleradora de cara aos vindeiros meses, onde se desenvolverán as actividades de formación, mentoring e crecemento dos proxectos seleccionados.
A primeira edición de Turislab que agora arranca finalizará no vindeiro mes de decembro de 2021.
Los comentarios están cerrados.