As startups finalistas completaron o programa de formación e mentorización no Investor Day e no DemoDay, como paso previo á súa saída aos mercados
O vindeiro 16 de decembro terá lugar a gala final na que se darán a coñecer os nomes dos proxectos máis destacados deste ano
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2022. A Academia da Aceleradora de startups turísticas da Xunta de Galicia vén de poñer o punto final á segunda edición tras celebrar esta fin de semana as dúas citas máis decisivas do programa: o Investor Day e o DemoDay.
Na primeira destas grandes citas, un grupo de investidores e as empresas tractoras da iniciativa estratéxica no sector turístico do Goberno galego avaliaron as potencialidades das startups finalistas para a súa inminente saída aos mercados. Os emprendedores e emprendedoras tiveron a oportunidade de amosar a potencialidade dos seus proxectos ante firmas e investidores privados que poden estar interesados en financialas. As startups tantearon as súas previsións de comercialización, expansión e escabilidade nacional e internacional.
A outra cita clave desta recta final do programa formativo foi o Demoday, xornada na que os equipos rensposables dos proxectos presentaron os seus modelos de negocio ante o xurado, que xa os avaliara na proba inicial da PreAcademia e que agora decidirá cales serán as iniciativas máis destacadas desta segunda edición.
Os proxectos finalistas desta segunda edición 2022 son, por orde alfabética:
- Atlantic Surf Galicia: Axencia de viaxes especializada en surf en Galicia
- BGreen: App orientada ao sector hostaleiro para acreditar que son establecementos sostibles
- Boldest: Plataforma de mapas interactivos para mellorar a promoción turística
- Mercado da Terra: Experiencia gastronómica que pon en valor a gastronomía galega e a súa cultura
- Salmoira: Food business enfocado na promoción de tours gastronómicos nos que se pon en valor a salazón de pescado e marisco nas rías galegas
- Spa’ Relajarse: Buscador especializado en spas, balnearios e talasos para reservar experiencias online personalizadas
- Tric Track Circuitos permanentes: App especializada en circuitos de orientación gamificados a través dos que se poñen en valor os recursos turísticos naturais e urbanos
- Wonder Experience: Plataforma de experiencias turísticas gamificadas, personalizadas sobre tecnoloxía blockchain
Entre estes 8 proxectos aspirantes estarán os merecedores do recoñecemento da Aceleradora, que tomarán o relevo de Suites Nature, Ruta N-VI, Lux Experience e Capptus, as máis destacadas de 2021.
Los comentarios están cerrados.