Este concurso premia ás mellores solucións e ferramentas tecnolóxicas que axuden aos destinos turísticos a afrontar os retos de convertirse nun Destino Turístico Intelixente (DTI)
Os Premium Interactive Maps da startup gañadora de Turislab 2022 foron recoñecidos pola súa innovación e eficacia na promoción de destinos
Madrid, 20 de xaneiro de 2023. A edición 2023 dos AMT Smart Destinations Awards celebrada durante o foro #techYdestino, de FITURTECHY, no marco de FITUR, serviu de escaparate mundial para que Xosé Manuel Feijóo, promotor de BOLDest, presentase a startup ante os axentes internacionais do sector turístico. Estes premios recoñecen a aquelas ferramentas e solucións tecnolóxicas que axudan ás zonas de promoción turística a afrontar os retos de convertirse nun Destino Turístico Intelixente (DTI).
BOLDest, que xa fora a startup máis destacada da segunda edición de Turislab, foi tamén finalista dos AMT na categoría de Promoción e Marketing gracias á súa plataforma de mapas interactivos para mellorar a promoción turística.
“Con dous anos no mercado, o feito de que se fixaran en nós e nos nominaran ao premio, é un recoñecemento ao traballo que estamos facendo”
Comenta Xosé Manuel Feijoo, CEO de BOLDest e especialista internacional en vendas áxiles.
“Xa somos unha marca que soa a nivel nacional nesta rede de destinos referentes”
Xosé Manuel Feijoo
As ferramentas tecnolóxicas clasificadas como finalistas incluiranse no catálogo online de solucións tecnolóxicas, ao que poderán acceder os destinos pioneiros que conforman a Alianza de Municipios Turísticos de Sol y Playa (AMT), así como outros destinos interesados. Neste sentido, cabe destacar que BOLDest xa está a traballar con destinos DTI como Lloret del Mar ou a Ribeira Sacra.
Los comentarios están cerrados.