A experta en Estratexia Turística Global, poñente estrela no Loop Congress ReAct, conducíu unha dinámica de grupo coas startups da Aceleradora
Santiago de Compostela. 15 de xuño de 2021. Yolanda Perdomo Aparicio, a que fora directora da Organización Mundial do Turismo (OMT), traballou esta tarde coas startups de Turislab nun módulo práctico sobre estratexia aplicada.
A primeira Aceleradora de Turismo de Galicia engade así unha xornada extraordinaria ao seu completo programa de formación e mentoring aproveitando a presenza de Yolanda Perdomo en Santiago de Compostela, “unha oportunidade única” para poder traballar cunha das maiores expertas a nivel nacional e internacional que existen actualmente”, segundo explica David Villar, o director de Turislab. Perdomo ten experiencia como consultora en 30 países de 4 continentes distintos.
Pola mañán, no transcurso do Loop Congress ReAct, na Cidade da Cultura, a Aceleradora foi presentada como un proxecto de referencia na integración do sector turístico e tecnolóxico. O director de Turislab participou como poñente e dúas startups (BEDandGo e Capptus) foron escollidas como integrantes do Panel Interactivo, que dirixíu a propia Yolanda Perdomo.
Los comentarios están cerrados.