54 voluntarios estrearon a primeira evolución da plataforma de Wonder Experience no marco da celebración das festas de San Froilán 2022
A startup da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia fixo entrega do primeiro premio (unha cea valorada en 120 euros nun restaurante da capital lucense) á participante gañadora, quen obtivo todos os puntos posibles en só 3 días
Lugo, 18 de outubro de 2022. Wonder Experience, unha das startups finalistas da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia neste 2022, vén de pechar satisfactoriamente a súa posta de longo. Os promotores do proxectos lanzaron durante as festas de San Froilán unha iniciativa pionera que deron en chamar “Xiana Mei” (como guiño á filla dun dos membros do equipo) e que consistía en habilitar unha app web entre aqueles voluntarios que quixeran participar.
Ao final, un total de 54 personas, tomaron partido neste reto no que había que ir acadando puntos despois de visitar as distintas propostas ofrecidas pola plataforma de blockchain a través dunha experiencia gamificada e totalmente personificada.
De entre todos os voluntarios, a persoa que resultou gañadora foi María de la Paz Sánchez-Jurado, quen acadou todos os puntos posibles en apenas 3 días. Para ela foi o premio da iniciativa, unha cea degustación para dúas persoas nun local de restauración da cidade das murallas, valorado en 120 euros.
A propia gañadora calificou a experiencia como “novidosa e divertida coa que coñecer a cidade de Lugo” e asegura que Xiana Mei “é unha ferramenta útil para o turismo, así como para usuarios “maiores” xa que é moi accesible e fácil de utilizar”.
Xiana Mei é a versión beta do proxecto e gracias á experiencia desenvolvida na capital lucense, incopora valiosos datos para seguir perfeccionando o proxecto antes da súa nova versión. Os plans da startup pasan por facelo nos primeiros compases de 2023, probablemente en Galicia e tamén en Canarias.
Los comentarios están cerrados.