Turislab é a primeira Aceleradora especializada en Turismo de Galicia. Está impulsada pola Xunta de Galicia e concebida como unha aposta estratéxica para reforzar o sector turístico galego do presente e do futuro. Está orientada a aqueles emprendedores ou startups con menos dun ano de actividade (Fase Pre-seed).
Turislab ofrece servizos de networking, mentorización, formación específica multidisciplinar e investimento para os proxectos acelerados. Durante este 2021, a primeira edición do programa preseleccionaranse 15 ideas innovadoras, con aplicacións prácticas no Turismo. Durante un mes (FASE DE PREACADEMIA) eses 15 preseleccionados recibirán formación e presentarán a súa proposta ante o xurado no DemoDay.
Os 10 proxectos con mellor valoración accederán directamente á FASE DE ACADEMIA, que durante 6 meses suporá a aceleración dos proxectos turísticos. O 10 de decembro de 2021 haberá un gran evento final, o INVESTORS DAY, onde os finalistas contactarán directamente cos investidores do programa, co obxectivo de saír aos mercados.
As categorías nas que encaixarán os proxectos son as seguintes:
Gastro Tech: Proxectos 360º do sector gastronómico: produto, restauración, cultura e turismo.
Travel Tech: Transformación dixital do turismo, as viaxes e as experiencias.
Social Tech: A conexión entre o dixital e a sociedade. Ideas innovadoras para cambiar o Turismo.
Infrastructure Track: Facer máis accesible o turismo extremo e de ocio, e crear infraestruturas para iso.
Camiño de Santiago: ¿Como mellorar o incalculable valor diferencial do gran referente de Galicia?
Sostibilidade: Proxectos enfocados a asegurar un desenvolvemento sostible no sector turístico.
Toda esta información e máis está no seguinte documento, descárgao:
Los comentarios están cerrados.