Seleccionar página
  • A categoría Travel Tech foi a que máis propostas gañadoras reuniu (7), seguida de Social Tech (3), Sostibilidade (3) e Camiño de Santiago (2).
  • O venres 7 de maio arranca oficialmente o programa de aceleración co acto de benvida da Pre-Academia e o Lean Startup a cargo do profesor Carlos Otero

Turislab, a primeira aceleradora de startups e emprendemento especializada no sector turístico de Galicia, xa completou o proceso de selección de proxectos da súa primeira edición. O equipo encargado de valorar as ideas propostas tivo que filtrar as 83 candidaturas remitidas, procedentes de Galicia e doutras localizacións, que deron o paso de intentar formar parte desta iniciativa estratéxica impulsada pola Xunta de Galicia.

Das seis categorías habilitadas pola organización de Turislab, Travel Tech foi a que máis propostas gañadoras reuniu, cun total de 7, case a metade da totalidade. As demais áreas con más proxectos destacados foron Social Tech (3), Sostibilidade (3) e Camiño de Santiago (2).

Esta é a relación das 15 ideas seleccionadas para formar parte da Pre-Academia:

ROOMDOO / Travel Tech

Xestión automatizada e a tempo real de todos os indicadores clave dun aloxamiento turístico.

CAPPTUS / Travel Tech

Aplicación para grupos de guías turísticos con xeolocalización incorporada.

APP BAIXO MIÑO / Travel Tech

Paquete completo de servizos e actividades turísticas especializados na Comarca do Baixo Miño

NÓMADA / Travel Tech

Produto dixital que permite acceder a intelixencia de mercado e á viralización da promoción.

LUX XPERIENCE / Travel tech

Realidade Mixta para  visitas autónomas a enclaves culturais e históricos.

SH360 SERVICIOS HOTELEROS 360º / Travel Tech

Transformación dixital e posicionamento competitivo para a rede de aloxamentos e hoteis.

43º 8´ CREATIVE ALGORITHM / Travel Tech

Medición e análise de comportamentos para alcanzar obxectivos de marketing e vendas.

FAR WORK / Social Tech

Ecosistemas para facilitar o teletraballo en entornos  urbanos, naturais e rurais.

CAMPUS SPAIN / Social Tech

Galicia como destino educativo a nivel internacional con estancias de 2 a 4 semanas.

NACIONAL VI / Social Tech

Elevar a activo turístico nacional e internacional unha ruta repleta de recursos turísticos.

E – BIKE TOURS IN GALICIA / Sostibilidade

Viaxes sostibles e á carta coa bicicleta como fío condutor en Galicia.

RUTEART / Sostibilidade

Viaxes alternativos e sostibles lonxe dos grandes circuítos con compoñente medioambiental.

SOLLU / Sostibilidade

Ecoturismo. Experiencias únicas inmersivas mediante tecnoloxía dixital.

BEDANDGO / Camiño de Santiago

Construcción de emprazamentos sostibles, intelixentes e autosuficientes no Camiño.

UBRE / Camiño de Santiago

Plataforma dixital para facilitar a mobilidade de persoas a distribución de produtos e servizos.

Este mesmo venres 7 de maio, ás 15:00 horas, nas instalacións de Turislab (A Barcia – Santiago de Compostela) arranca oficialmente o programa de aceleración 2021 co acto de benvida da Pre-Academia e o Lean Startup a cargo do profesor Carlos Otero, experto en Startups.