A startup finalista da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia dá así “un gran paso adiante” no seu modelo de negocio facendo confluir a súa actual carteira de servizos coa do seu novo socio canario para ser peza clave no mercado wellness en España, Portugal e Andorra
Sandra Candal, a promotora do buscador especializado en spas, balenarios e talasos, xa contaba con 650 establecementos termais na súa base de datos, á que engade agora ata 5.000 tratamentos potenciais para os seus clientes
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2022. “É un paso realmente importante para o proxecto, porque gracias a este acordo comercial pasamos de ser un buscador na web a consolidar e poder comercializar directamente servizos de wellness. Somos xa un marketplace en toda regla”, recoñece orgullosa Sandra Candal, a promotora de Spa´ Relajarse, a startup finalista no programa de aceleración da Xunta de Galicia que vén de asinar unha potente alianza comercial co seu novo socio, Spalopia Business.
A propia Candal recoñece que este acordo de colaboración “chega nun momento clave porque agora, realmente, será a hora da verdade para empezar a facer vendas directas”. Spa´ Relajarse márcase o final deste ano natural para empezar coa facturación directa, o que sen dúbida transformará o itinerario de aceleración da startup.
Sobre como se fraguou o acordo co novo socio comercial, a promotora desvela que “levamos en contacto desde hai tempo, case desde o principio da idea inicial. Unha vez dentro da Aceleradora, o crecemento foi aumentando e intensificáronse as conversas. Hoxe xa é unha realidade. Estamos moi contentos”.
Esta semana, a startup estará presente na XX edición da Feira Internacional de Turismo termal, Saúde e Benestar, Termatalia, en Ourense.
Los comentarios están cerrados.