As startups que protagonizan a Pre-Academia da Aceleradora e proxectos turísticos da Xunta de Galicia perfilan a súa idea orixinal de negocio
Este venres retómase a actividade formativa despois do respiro da Semana Santa. O 6 de maio celebrarase o Demoday clasificatorio para a Academia
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2022. A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia presenta as liñas básicas dos 15 emprendedores e emprendedoras que protagonizan a segunda edición do seu programa de formación e mentoring. Despois das primeiras sesións cos mentores, as startups defínense a si mesmas para tentar gañar un oco na Academia, o núcleo central do programa de aceleración. Para elo, terán que superar o Demoday clasificatorio, que se celebrará o vindeiro 6 de maio e que escollerá aos 10 finalistas desta edición.
Ata entón, estes son os puntos de partida das 15 propostas que son protagonistas:
A LEIRA 116 (Camiño de Santiago): Un proxecto situado nunha finca de 14.000 m2 ubicada no quilómetro 116 do Camiño, en Sarria (Lugo). ´É un aloxamento de cabanas e glamping que busca a orixe, a tranquilidade, o aire libre e a conexión coa natureza.
ATLANTIC SURF GALICIA (Turismo de litoral): É unha axencia de turismo receptivo que ofrece aos seus clientes un servizo
integral en destino e vinculado ao surf.
BGREEN (Sustentabilidade): Bgreen é a App que axuda ao sector hostaleiro a ser máis sostible. Permite a obtención de certificado.
BOLDEST (Travel Tech): Servizo web que facilita a creación de mapas interactivos para promocionar eficazmente a oferta turística de negocios, rutas e destinos. Integrable en webs e campañas de marketing dixital.
BRAVO (Camiño de Santiago): Plataforma “all in one” do Camiño que conecta a peregrinos, hostaleiros e proveedores doutros servicios a golpe de click.
MEET RURAL (Social Tech): Plataforma que permite ás localidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal formar parte de un ecosistema dixital con oferta público-privada, permitindo aos viaxeiros conectarse, explorar os atractivos e realizar reservas.
O MERCADO DA PEDRA (Gastro Tech): Experiencia gastronómica en pleno casco histórico de Vigo, onde cruceiristas, turistas y veciños desfrutarán da gastronomía galega mantendo a tradición ostreira coa posibilidade de adquirir produtos in situ ou a través da web.
SALMOIRA (Gastro Tech): Proxecto que pivota na recuperación da salazón de peixe das rías e na recuperación do patrimonio gastronómico de Galicia.
SPARELAJARSE (Social Tech): Implementa un buscador especializado en spas, balnearios e talasos onde reservar online experiencias personalizadas en máis de 650 establecimientos termais e wellness de toda a península.
SPOT NOW (Travel Tech) – Plataforma de xestión global de reservas, para o desenvolvemento e dixitalización de solucións de lecer e turismo, escalables e a medida.
TRIC TRACK (Infrastructure Track): Emprega a orientación deportiva como ferramenta para dinamizar o turismo activo e poñer en valor espazos naturais ou urbanos. Ofrecen un servizo de deseño e instalación dos percorridos e a xestión dos mesmos con App propia.
TURISMO INCLUSIVO RIBEIRA SACRA (Social Tech): Porque nada debe impedir que as persoas con capacidades diferentes e os seus acompañantes poidan realizar viaxes, nun “Turismo para To2”. É a oportunidade de poder
vivir experiencias turísticas personalizadas e 100% adaptadas.
VIAJATOR (Travel Tech): Un marketplace que emprega Intelixencia Artificial para predecir o comportamento e os gustos dos usuarios. Ademais de ofrecer mellores experiencias e actividades turísticas personalizadas pronostica con precisión a demanda futura.
WONDER EXPERIENCE (Travel Tech): Unha aplicación de experiencias turísticas personalizadas e gamificadas sobre tecnoloxía blockchain.
XACOBUS (Camiño de Santiago): Un albergue móbil montado nun autobús. En temporada baixa pode organizar surfaris (viaxes de surf), convertindo o bus nun Surf hostel sobre rodas
Despois dun respiro propiciado pola Semana Santa, a actividade da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia volve á normalidade este venres e este sábado co estudio de viabilidade financieira e coa primeira práctica do Pitch Elevator.
Los comentarios están cerrados.