No marco do Día Mundial do Turismo, a startup finalista da segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia participa na presentación oficial ante as autoridades municipais e ata 40 profesionais do sector
Xosé Manuel Feijoo e Simón Neira participaron na presentación da área de Turismo en calidade de deseñadores e desenvolvedores das novas ferramentas dixitais turísticas, xa dispoñibles para todos os visitantes da localidade catalá
Lloret de Mar, 27 de setembro de 2022. A localidade catalá de Lloret de Mar vén de presentar oficialmente o seu programa turístico no que destaca con personalidade propia a implementación dos novos mapas interactivos que xa están dispoñibles na web oficial municipal da iniciativa (pulsar aquí) e que levan o selo inconfundible de Boldest, una das startups finalistas da segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia.
Este destino da Costa Brava aproveitou os actos adheridos á celebración do Día Mundial do Turismo para facer unha presentación oficial ante medio centenar de autoridades e profesionais do sector turístico. Tal e como se comunicou no foro e publican na súa web oficial: “é unha iniciativa que permite xeolocalizar a totalidade de mapas dos que dispón Lloret Turismo con diferentes ámbitos temáticos como son as rutas culturais, as praias, natureza con todas as rutas de sendeirismo, ciclismo de estrada ou BTT, así como as excursión que se poden realizar polo territorio xerundense“.

Xosé Manuel Feijoo e Simón Neira, dous das almas máis recoñecibles da startup Boldest, especializada en servizos dti, participaron na presentación vía videoconferencia para explicar o alcance do proxecto, que xa está dispoñible para ser navegado ao completo.
A consecución desta iniciativa supón o refrendo do bo camiño que está a experimentar Boldest na Academia da Aceleradora autonómica do Goberno galego, especializada no sector turístico e que comeza a colleitar os primeiros casos de éxito meses antes da súa conclusión.
FOTOGRAFÍA: PROFESSIONALS.LLORETDEMAR.ORG (https://professionals.lloretdemar.org/es/noticias/lloret-de-mar-presenta-los-mapas-interactivos-del-destino-en-el-marco-del-dia-mundial-del-turismo/)
Los comentarios están cerrados.