Durante a Pre-Academia cada un dos expertos titorizará un proxecto coa vista posta no Demoday do vindeiro 6 de maio, do que sairán os 10 finalistas desta segunda edición
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2022. A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia vén de asignar un experto a cada unha das 15 startups que conforman a Pre-Academia da edición 2022.
Despois da primeira toma de contacto, e tras coñecer máis polo miúdo o contido, as necesidades e potencialidades de cada proxecto, a Aceleradora emparella a cada startup cun mentor específico na procura de obter os mellores resultados a curto prazo, xa que o Demoday do próximo 6 de maio será eliminatorio e del sairán os 10 finalistas desta edición.
A relación de proxectos e mentores é a seguinte:
A LEIRA 116 – MARIA UCIEDA
ATLANTIC SURF – PATRICIA MARTÍNEZ
BGREEN – NACHY LOPEZ
BOLDEST – FRAN MUIÑOS
BRAVO – ROBERTO FRAGA
MEET RURAL – MAITE VENCE
VIAJATOR – ROSA VÁZQUEZ
O MERCADO DA PEDRA – JOSÉ LUIS SIEIRA
SALMOIRA – JAVIER RODRÍGUEZ “TAKY”
SPARELAJARSE – CARLOS OTERO
SPOTNOW – JAVIER REPRESAS
TRICTRACK – ALFONSO MARTINEZ
TURISMO INCLUSIVO RIBEIRA SACRA – FERNANDO SOTO
WONDER EXPERIENCE – JESUS LAGE
XACOBUS – ALBERTO RODRIGUEZ BOO
A partires de agora, comeza un traballo intenso, man a man, entre promotores de proxectos e mentores para unha aceleración máxima.
Los comentarios están cerrados.