Jorge Martínez, CEO de Suites Nature, que foi gañador da primeira promoción, e Alberto Gallego, CEO de Ruteart, firma en plena expansión amosaron os seus avances ante os novos proxectos seleccionados
A Aceleradora amósase “orgullosa a encantada” de poder contar co talento acelerado inicial. “Son o espello no que poder mirarse para as novas propostas”
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2022. No arranque da segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia, as novas startups escollidas para o presente curso tiveron unha sorpresa de benvida. Dúas das iniciativas máis destacadas de 2021, Suites Nature e Ruteart, voltaron ás instalacións da Aceleradora do Goberno galego, xa convertidas en referentes e casos de éxito nas súas respectivas categorías.
Jorge Martínez, o CEO de Suites Nature (www.suitesnature.com), foi o primeiro clasificado da edición inaugural co seu proxecto de cabanas sostibles e interconectadas. Actualmente está a piques de ultimar a súa primeira aterraxe de proxecto cun resort en Pontevedra que permitirá ao usuario coñecer os consumos e a pegada que deixa un tipo de turismo responsable co medioambiente.
Pola súa banda, unha das startups que maior percorrido está tendo nestes primeiros meses de 2022 é Ruteart (www.ruteart.com). O seu CEO, Alberto Gallego, recibíu hai pouco o distintitivo de ser un dos 101 exemplos empresariais polo clima e está a pleno rendemento en distintos países.
O equipo de dirección da Aceleradora quixo brindar esta sorpresa aos novos talentos en aceleración para que puidesen comprobar que é posible pasar dunha fase pre-semente a un proxecto real e competitivo en apenas un ano. Os máximos responsables recoñecen que a Aceleradora está “orgullosa e encantada” de poder contar cos que xa son casos de éxito porque son o espello no que poder mirarse para as novas propostas”.
As sensacións no regreso
Jorge Martínez, asegura sentirse “agradecido de poder asistir á presentación da segunda edición, e poder explicar aos novos proxectos a nosa experiencia e evolución neste último ano, así como as nosas previsións para o 2022”, ao que engadiu que “hai un ano, estaba eu como eles aí sentado, con apenas unha idea… e grazas a Turislab, e moito traballo, logramos avanzar moito máis rápido e conseguir os nosos primeiros obxectivos. Espero que teñan moito éxito, e nuns meses, poidamos xuntarnos de novo e buscar todas as sinerxias posibles entre estes proxectos e o de SuitesNature.”
Pola súa banda, Alberto Gallego, resalta que foi “unha boa experiencia poder presentar o meu emprendemento como finalista da primeira edición aos novos seleccionados e poder coñecer ás novas propostas” para 2022. ” Ruteart mellorou a súa visibilidade e os seus contactos, ademais de traballar coordinadamente con máis empresas para a mellora do turismo galego”, conclúe.
Los comentarios están cerrados.