As finalistas do programa de Aceleración asistiron a unha xornada con Turismo de Galicia, Axencia Galega de Innovación, Institutuo Galego de Promoción Económica e XesGalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Inversión de Tipo Pechado
Os promotores tiveron tempo para o networking con 3 casos de éxito externos á Aceleradora: Monkey Markets, Envita e Gastrolab Arousa
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2022. As startups que están a protagonizar a recta final do programa de aceleración 2022 veñen de protagonizar unha xornada clave no seu itinerario formativo de cara á saída aos mercados. A dirección do programa estratéxico no sector turístico promovido pola Xunta de Galicia invitou a representantes de distintos organismos autonómicos para que amosasen os programas autonómicos e as liñas de financiamento ás que poden optar por desenvolver a súa actividade en Galicia.
Así, foron protagonistas da xornada a Área de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Sociedade Xestora de Entidades de Inversión de tipo pechado (XesGalicia). Entre todos estes organismos autonómicos radiografiaron as posibilidades de adherirse aos diferentes programas promovidos polo Goberno galego e ás liñas de financiamento existentes para os emprendedores.
A segunda parte da xornada estivo adicada a casos de éxito externos á Aceleradora, módulo que dá continuidade aos xa celebrados con startups que foron protagonistas na primeira edición. Os proxectos elixidos para compartir experiencias, leccións aprendidas e consellos cos promotores finalistas foron Iago Martin de Monkey Markets, Noelia López de Envita e Miguel Mosteiro de Gastrolab Arousa.
A Aceleradora dá as gracias a todos os participantes nesta xornada, que se enmarca na recta final do programa de aceleración deste 2022.
Los comentarios están cerrados.