A iniciativa da Xunta de Galicia desprazará ao equipo directivo e reservará un espazo propio para que Suites Nature, Ruta da N-VI e LuxXperience desenvolvan o seu networking
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2022. A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia estará presente na edición 2022 da feira internacional de Turismo de Madrid, Fitur 2022. A iniciativa do Goberno galego de aceleración de talento innovador con aplicación directa ao sector desprazará ao equipo directivo e a representantes das startups que compretaron o programa de formación e mentorización da primeira edición.
Ademais, dentro do stand de Turismo de Galicia, haberá un espazo reservado para que os emprendedores das 3 startups máis destacadas da edición inaugural poidan desenvolver as súas axendas de networking con potenciais clientes: Suites Nature, Ruta da N-VI e LuxXperiencie. Haberá ademais presenza doutras empresas aceleradas neste proxecto autonómico.
A intenci´on é presentar os resultados obtidos en 2021 que conforman xa casos de éxito do programa, brindando así un escenario único e de indubidable potencial para que os proxectos poidan saír aos mercados ou expandirse e escalarse naqueles casos nos que xa eclosionaron como firmas especializadas no sector turístico.
Los comentarios están cerrados.