A segunda edición da iniciativa estratéxica da Xunta de Galicia para fortalecer o sector turístico e captar talento innovador reforza a súa aposta polo equipo humano para titorizar os proxectos
O prazo de presentación de solicitudes para formar parte do programa de aceleración expira o vindeiro martes 22 de marzo, ás 12:00 horas
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2022. A Aceleradora de startups turísticas da Xunta de Galicia anuncia importantes novidades de cara á súa segunda edición, que arrancará oficialmente o vindeiro mes de abril. Despois do éxito obtido na primeira convocatoria, a iniciativa estratéxica promovida polo Goberno galego para captar e reter talento innovador e emprendedor, redobra esforzos e recursos para ofrecer un programa de formación e mentorización máis amplo, especializado e ambicioso nos obxectivos a conquerir.
Esta aposta por incorporar nomes de referencia en distintas áreas de coñecemento e con ampla experiencia profesional ao equipo humano orixinal redunda nun salto cualitativo global con respecto á edición inaugural da Aceleradora.
As grandes novidades coas que arrancará o programa son a incorporación ao equipo de Amaranta Rodríguez (Directora e Xefa de Sala de Culler de Pau), Alejandro Artacho (CEO & Founder de Spotahome), María Ucieda (Directora de Desenvolvemento de negocio na EF Business School), Roberto Fraga (CEO de Pilgrim Travel & Services), Alberto Rodríguez Boo (Founder & CEO de Alda Hotels), José Luis Sieira (Profesor do Centro Superior de Hostelería de Galicia), Javier Rodríguez Ponte, “Taky” (Chef do Grupo Nove). A estes nomes hai que engadir os expertos que xa contan con experiencia na mentorización na Aceleradora durante o programa de 2021: Carlos Otero (Experto en startups), Javier Represas (CEO en Kala Investments), Jesús Lage (Directivo e Asesor dixital), Nachy López (experta en Internacionalización), Fernando Soto (experto financieiro de pemes), Rosa Vázquez (CFO & Co-Founder de Appentra), Alfonso Martínez (Interim Management), Maite Vence (Fundadora e Directora en The Observer Turismo Científico) e Fran Muíños (Experto en Marketing Dixital).
Segundo palabras do director da Aceleradora, David Villar, “esta segunda edición será máis potente todavía que a primeira. Estamos a recibir moi bo feedback do ecosistema e confiamos en que eclosionen como casos de éxito as startups da primeira edición ao tempo que as que saian escollidas para a segunda aceleren conforme ás expectactivas xeradas”.
O prazo de presentación de solicitudes para formar parte do programa de aceleración expira o vindeiro martes 22 de marzo, ás 12:00 horas. As inscricións pódense facer directamente neste link: https://turislab.gal/inscricion/.
Los comentarios están cerrados.