Os poñentes foron Lara Castelo (CTO Pilgrim Travel & Services), Pablo Mariño (CEO Bluscus), Beatriz Castro (CEO Caylu) e José Aragunde (sector hoteleiro e Vicepresidente Asociación Hostelería Caldas de Reis)
David Villar: “Esta actividade reforza a formación dos nosos proxectos na recta final da Academia. É vital poñer exemplos prácticos de emprendedores que hai pouco estaban na mesma situación que os nosos alumnos e actualmente compiten nos mercados con gran éxito”
Caldas de Reis, 8 de outubro de 2021. A Aceleradora de proxectos innovadores centrados no sector turístico da Xunta de Galicia deslocalizou a súa actividade e visitou Caldas de Reis para celebrar unha intensa xornada de formación e networking agora que os distintos proxectos afrontan a recta final da súa formación.
Os emprendedores e emprendedoras entraron en contacto directo con diversos casos de éxito dos que puideron extraer importantes leccións de cara ao seu futuro inmediato. Os invitados a este foro que concentra a unha destacada representación do talento galego do sector foron Lara Castelo (Co-founder e CTO de Pilgrim Travel & Services), Pablo Mariño (CEO Bluscus, firma especializada en Turismo mariñeiro), Beatriz Castro (CEO Caylu, empresa do sector da gastronomía) e José Aragunde (empresario do sector hoteleiro co Hotel Pousada Real e vicepresidente Asociación Hostelería Caldas de Reis). Tamén estivo presente Miguel Piñeiro, empresario propietario del Hotel Roquiño e Presidente de la Asociación caldense.
Ademais, a xornada completouse coa participación de Ramiro Goldar, o responsable da Oficina Técnica do Plan Xacobeo, quen impartíu unha charla centrada no “Camiño de Santiago como vehículo impulsor do Turismo”.
Á conclusión deste intenso encontro, o director da Acelradora, David Villar, apuntou que “esta actividade reforza a formación dos nosos proxectos na recta final da Academia. Para nós é vital poder poñer exemplos prácticos de emprendedores e ideas que hai pouco estaban na mesma situación que os nosos alumnos e que actualmente compiten nos mercados cun nome propio coñecido e recoñecido e colleitando grande éxito”.
Los comentarios están cerrados.